22/12/14

Curiosidades: El Sorteo de Lotería de Navidad y la historia de la radio

Con motivo del aniversario de EAJ-1 Radio Barcelona, celebrado recientemente, rescatábamos en este mismo blog un interesante reportaje (publicado hace casi 20 años) en el que se hacía un repaso por la historia general de la radio. Dicho artículo puede leerse aquí:
Y tal día como hoy, en el que se celebra el Sorteo Extraordinario de la Lotería de Navidad se considera el día apropiado para seguir hablando de la historia de la radio pues, dicho evento tiene mucha relación con este medio, no solamente por la trascendencia y cobertura que le dan la mayoría de las emisoras año tras año al Sorteo, si no porque fue uno de los eventos que se retransmitieron en la histórica emisora Radio Ibérica, que está considerada como la primera emisora que se inauguró en España. Sus primeras emisiones datan del año 1923, pero no contó con una programación más o menos fija hasta un año más tarde en el que se retransmitían entre otras cosas: conferencias, música de gramófono, conciertos del Teatro Real, recitales de poesía, así como también el mencionado Sorteo de la Lotería de Navidad.
Un lector de este blog, Daniel Seijas Llerena, doctorando en Historia, nos ha hecho llegar un interesante artículo que, por su interés, reproducimos íntegramente a continuación. En él se detalla la historia de lo que podría considerarse como la llegada del primer receptor de radio a la localidad de Padrón, en 1924, pero además de eso, realiza una interesante contextualización histórica con la que repasa los aspectos más destacados y curiosos de la historia de la radio en Galicia y el mundo:
O primeiro receptor de radio que houbo en Padrón 
Xa fai varios anos, mentres investigaba no arquivo municipal de Padrón, atopei por casualidade, ciscado entre unha morea de documentación, unha curiosa instancia. Tratábase dunha petición formulada polo presidente do desaparecido casino "La Tertulia" (que tiña a súa sede na rúa Longa,11; daquela chamada rúa Gasset y Artime) Serafín Carlés Cruces. Nese escrito solicitábase permiso para a instalación, no local social do Casino, dun aparato de radio e dunha antena exterior para poder obter unha mellor calidade de recepción das emisoras de radio. 
A importancia deste documento atopeina no temperán da súa data: 29 de xuño de 1924. Con isto non quero afirmar, rotundamente, que se tratara do primeiro receptor de radio comercial que houbera en Padrón. Hai que ter en conta que na vila existía unha acaudalada burguesía comercial á cal non lle resultaría ningún problema mercar un aparato de radio, tempo antes da data anteriormente indicada. En todo caso é a petición do casino "La Tertulia" a proba documental máis antiga, que dispoño polo mometo, da chegada da radio a Padrón. Pero antes de nada, compre contextualizar brevemente a situación da radiodifusión no Mundo e en España, para poder comprender mellor este feito. 
Despois da fin da I Guerra Mundial (1918) téntase liberalizar e buscar outro emprego máis comercial ás ondas de radio, que ata ese momento estaban monopolizadas para usos militares e maritímos. Deste xeito, a partires de 1920, comezaron a xurdir as primeiras emisoras de radio comercial no Reino Unido e nos Estados Unidos, extendéndose rapidamente o fenómeno a países coma Francia, Alemaña, Italia, Canadá ou Arxentina. No caso de España, chega algo máis tarde. A primeira retransmisión, propiamente dita, a efectúa Radio Ibérica de Madrid coa emisión en directo do Sorteo da Loteria de Nadal de 1923. 
Despois deste acontecemento, Radio Ibérica tardaría aínda moito tempo en dispoñer dunha programación regular, emitindo cando lle cadraba. Haberá que agardar ata o 5 maio de 1924, segundo o último estudio de Ángel Faus, para que se inicien en España as primeiras emisións regulares da man de Radio Madrid (non ten nada ver coa actual SER Radio Madrid). Esta emisora, debído a problemas económicos, verase na obriga de suspender temporalmente, o 20 de xullo dese mesmo ano, os seus servicios radiofónicos. Como curiosidade, dicir que en Estados Unidos en 1924 xa existían un total de 553 emisoras. 
Sen embargo non será necesario esperar ata 1924, para que en España xurda o interese e o gusto por escoitar os programas de radio, máis ben todo o contrario. Xa antes de que en España se crearan emisoras comerciais, comezara a proliferar a venda de manuais e de revistas técnicas adicadas ó mundo da radio, que neses anos era coñecido coa denominación de radiotelefonía ou coas siglas de T.S.H. (Telegrafía Sin Hilos). Tamén en diversos xornais aparecían seccións especializadas con planos para construir receptores de radio. Son moitas as persoas que constrúen nas súas casas aparatos de radio de válvulas ou de galena, aínda que aqueles que podían permitirse o capricho mercábanos feitos de fábrica. Coñecidas eran as marcas "Westinghouse", "Walker Multi-Unit", "Philmore", "Howe", "La Moderne Radio", "RCA" ou "AEG-Telefunken". 
Deste xeito escoitaban a través das emisoras estranxeiras a música dos concertos das orquestras sinfónicas, filharmónicas e cuartetos que se transmitían dende Londres ou París, estando ademáis a programación dalgunhas destas emisoras foráneas, publicada en xornais españois, indicando incluso o dial para facilitar a súa localización. 
Pois ese mesmo vicio pola radio tamén chegaría a Padrón. Os socios do casino "La Tertulia" terían ganas de reunirse para escoitar as emisións das estacións estranxeiras e españolas, aínda que estas últimas, despois do fracaso de Radio Madrid, non comezarían con total regularidade ata outubro-novembro de 1924, con EAJ-1 Radio Barcelona e EAJ-2 Radio España de Madrid. Para poder oir a radio en "La Tertulia", o Concello de Padrón autorizou a instalación dunha antena exterior, no tellado do edificio onde estaba situado o Casino <<formada por tres hilos paralelos de un milímetro de grueso separados a la distancia de un metro y con treinta de largo (...) ha obtenido de D. Alejandro Pérez Isla y de Dña. Carmen Varela, dueños de los edificios en que la antena ha de apoyarse la autorización necesaria>>. A dita antena que daquela estaba composta por cables extendidos <<ha de atravesar la vía pública por la calle Juán Rodríguez y callejón del Poulo a la altura de las chimeneas y será necesario abrir junto a la pared del edificio social un hoyo para introducir el alambre de toma de tierra>>. 
Si esto sucedia en Padrón, noutros lugares próximos tamén comeza a extenderse o emprego destes aparatos, ou incluso chegando a facer todo tipo de experimentacións. A principios de 1925, os xóvenes irmáns santiagueses José e Juan Portela Seijo, constrúen unha emisora de radio do que o seu sinal chegou a ser escoitado en Barcelona. Tamén temos as experiencias do ferrolán Amador Rodríguez Guerra, no mesmo ano, cunha radio especial feita por el mesmo, fai probas dentro dun tren en marcha e capta o sinal de emisoras americanas. 
Teño constancia de que na "I Feria del Automóvil de Ocasión", celebrada en Pontecesures no ano 1925, houbo algún stand onde estaban expostos <<aparatos de radiotelefonía>> para a súa venda. Xa na segunda edición desta feira, do ano 1926, instalouse no recinto feiral unha emisora de radio para transmitir, a xeito de demostración, ós aparatos receptores expostos para a súa comercialización. 
Tamén a través do xornal El Pueblo Gallego, sabemos como se vai extendendo o uso da radio pola zona. En xaneiro de 1926, "Daviña" de Santiago, que era ademais a empresa encargada da suministración eléctrica na Escravitude, instalaba unha radio na casa do cura párroco de Catoira, Baldomero Casal. Na mesma data chegaba tamén a radio ó Casino de Caldas de Reis. 
En todo caso os oíntes galegos non podian aínda escoitar emisoras do país e terian que conformarse con escoitar as emisoras de Onda Media que transmitian dende Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Oviedo, Málaga, Valencia, entre outras cidades, que entre os anos 1924-1926 xa tiñan instalada emisora. Galicia tardaría un tempo en posuír unha emisora privada, e non sería ata finais de 1932, cando comece a emitir en probas, da man da empresa Unión Radio S.A. (actual SER), Radio Galicia en Santiago de Compostela. Despois, entre os anos 1933-1935, nacen as emisoras de radio en Pontevedra, Coruña, Vigo, Ourense e Lugo. 
Unido a isto, está tamén a lenta, pero progresiva, venda de aparatos de radio coa creación de establecementos especializados de venda, que nalgúns casos eran rexentados polos propios donos das emisoras de radio, como no caso dos irmáns Vazquez Lescaille (Pontevedra) ou de Eugenio Gonzalez de Haz (Vigo) representante das casas "RCA" e "General Electric". 
No caso de Padrón, a través do anuario comercial "Bailly-Bailliere y Riera Reunidos", no ano 1933 figura coma único vendedor de <<material e aparatos de radiotelefonía>> Ramón Piñeiro. Na década de 1940 tamén figuraría coma vendedor de radios e máquinas de coser, José Castro, coñecido porque no exterior da tenda, rexentada hoxe polos seus descendentes, posuía, ata hai poucos anos, un impresionante e chamativo mosaico publicitario da marca "Philips".
Artigo do cesureño Daniel Seijas Llerena no suplemento "Arousa, un mar de cultura" do Diario de Arousa o 30 de marzo de 2008. 
Fuente: Artículo de investigación histórica de Daniel Seijas Llerena.

2 comentarios:

  1. Debido a mi afición a la radio historia, me encuentro investigando los orígenes de la Radioafición en Pontevedra provincia. En Pontecesures se preparaba para obtener su licencia el ingeniero químico Manuel Otero-Acevedo y García, quien estaba en el comité que organizó las dos ferias del automóvil de 1925 y 1926, en donde, al menos en 1926, se instaló una emisora para poder apreciar los adelantos de los receptores que en los estand de los vendedores de estos se instalaron. Busco información sobre esta persona en todo lo que tenga que ver con su interés por la radio.
    Muchas gracias
    Tomás Manuel Abeigón Vidal (EA1CIU)
    Pontevedra
    Tel 675857446
    abeigont@gmail.com

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Entiendo que usted busca información sobre Manuel Joaquín Otero García, hijo de Manuel Otero Acevedo. Puede encontrar algunos datos sobre él en el siguiente enlace sobre la Genealogía de su familia "Los Otero" (p. 69): http://www.genealogiaderosario.com.ar/pdf/CEGeHR_Boletin_nro_5.pdf
      Ahora que veo que usted usa los dos apellidos de su padre como compuesto (Otero-Acevedo) entiendo la aparente confusión con el nombre de su progenitor en este texto: www.calameo.com/books/001933963309ccc65359a (Busque la p. 23) Si usted tiene información sobre su padre Manuel Miguel Otero Acevedo le agradecería proporcionarmela a fabriciorb@hotmail.com

      Fabricio Rondón Berríos
      Universidad Nacional Mayor de San Marcos
      Lima, Perú

      Eliminar